TRATAMIENTOS DE FISIOTERAPIA

INDUCCIÓN MIOFASCIAL

Método de tratamento fisioterápico a través do cal despois dun diagnóstico específico da disfunción do paciente se atopa a causa da súa doenza que se corresponde cunha limitación na mobilidade do tecido miofascial (conxunto de tecidos brandos que compoñen o sistema musculoesquelético e que manteñen unha continuidade con vísceras, órganos e sistema nervioso e circulatorio) e que ten como finalidade liberar ese tecido a través de técnicas manuais.

PUNCIÓN SECA

Técnica fisioterápica invasiva a través da cal se liberan puntos e bandas de tensión miofascial orixe da doenza do paciente mediante o emprego de agullas especiais (similares ás de acupuntura) co fin de mellorar a mobilidade do tecido afectado.

NEURODINÁMICA

Método de diagnóstico e tratamento de restriccións de mobilidade e tensións a nivel do sistema nervioso periférico e tecido conectivo que o envolve causantes do proceso álxico do paciente.

FIBROLISE INSTRUMENTAL MIOFASCIAL (GANCHOS)

Técnica de fisioterapia que emprega os ganchos (instrumento especial de tratamento que permite profundizar máis nos tecidos miofasciais) co fin de liberar restriccións de mobilidade en pel, fascia, músculos, tendóns e ligamentos.

MASOTERAPIA

Método de tratamento empregado ca finalidade de conseguir un tono correcto da musculatura. Pode ser descontracturante, relaxante, deportivo (precompetitivo máis superficial e enérxico co fin de estimular a musculatura e conseguir unha temperatura óptima para a práctica da actividade física ou postcompetitivo para baixar a tensión da musculatura con técnicas máis profundas e lentas) ou para estimular o retorno venoso.

OSTEOPATÍA

Método terapéutico holístico que busca un diagnóstico da patoloxía do paciente integrando os diferentes sistemas do corpo humano (musculoesquelético, órganos e vísceras, sistema circulatorio e nervioso) e realizar un tratamento mediante técnicas manuais que busque devolver un equilibrio funcional nos mesmos. Este tipo de medicina en España non está recoñecida de maneira independente como profesión sanitaria como en outros países pero sí como unha especialidade dentro da Fisioterapia por estar a súa metodoloxía recollida dentro das competencias sanitarias da mesma.

Desta forma dentro da Osteopatía atoparemos diferentes especialidades que se combinarán no tratamento do paciente en función da disfunción que o leve á consulta:

  • ESTRUCTURAL: aplicación de técnicas manipulativas articulares directas, indirectas, funcionais e/ou terapia de tecidos brandos co fin de dar un estímulo que axude a recuperar a función restrinxida do sist.ma musculoesquelético.
  • CRANEAL: aplicación de técnicas manipulativas articulares, técnicas funcionáis e terapia craneosacra para devolver a funcionalidade restrinxida nas suturas e articulacións craneais e do sistema nervioso central e periférico (meninxes).
  • VISCERAL: técnicas que buscan mellorar a mobilidade, función e irrigación das vísceras e asi mellorar tamén as dores reflexas que estas producen.
  • TRATAMIENTO DE ARTERIAS: técnicas especiais para mellorar a mobilidade das arterias e asi a súa función.
  • PEDIÁTRICA: técnicas osteopáticas especialmente dirixidas ao tratamento de disfuncións no neonato e primeiros anos da infancia.
  • OBSTÉTRICA: técnicas osteopáticas empregadas durante o embarazo e postparto co fin de tratar as disfuncións producidas polos cambios sufridos durante a xestación, mellorar o parto e tratamento das consecuencias do proceso traumático do parto natural ou inducido.
VENDAXES FUNCIONAIS

Aplicación de tiras de anclaxe, fixación e/ou activas con material ríxido (tape ou esparadrapo), elástico ou vendaxe kinesiolóxico (kinesiotaping) co fin de delimitar un rango articular correcto nunha articulación lesionada, estimular unha acción muscular ou do tecido conectivo, disminuír o tono miofascial ou mellorar o drenaxe venoso e linfático; conseguindo así unha aceleración no proceso de recuperación grazas a manter activa a zona lesionada evitando repousos totais que produzan grandes perdas da funcionalidade.

REHABILITACIÓN TRAUMATOLÓXICA POSTOPERATORIA

Aplicación de técnicas de cinesiterapia (pasivas e activas) e exercicio terapéutico  na recuperación de lesións traumatolóxicas (fracturas, luxacións, escordaduras, tendinopatías, alxias do raquis vertebral, etc) ou procesos quirúrxicos co fin de recuperar rangos de mobilidade articular correctos, tono e forza muscular, estabilidade articular e capacidades propioceptivas.

CORRECCIÓN POSTURAL

Aplicación de técnicas pasivas e activas (exercicio terapéutico e pautas ergonómicas) co fin de adoptar medidas posturais preventivas para evitar restriccións da mobilidade nos tecidos por posicións incorrectas mantidas que desembocan en disfuncións do sistema musculoesquelético, visceral ou craneosacro.

Si te interesa contratar alguno de nuestros tratamientos

Contacta

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies